"-¿Sabes una cosa? -le dijo el burro-, yo voy a Bremen porque quiero hacerme músico. Vente conmigo y haz lo mismo que yo; formaremos un buen dúo: yo tocaré el laúd y tú puedes tocar los timbales."

Los músicos de Bremen. Hermanos Grimm.

sábado, 2 de junio de 2018

LECTURA DIXITAL

  O alumnado de 3º estamos aprendendo a utilizar a Plataforma de libro electrónico incluída no Proxecto Lectura dixital ELBE.2.

Familiarizándonos con esta plataforma, sabemos buscar un libro por autor, editorial, ano de publicación, para a idade recomendable...                                                      

  Unha vez que atopamos o libro que buscamos só temos que premer sobre o título para ler o seu argumento.                            


  Se nos interesa, podemos ler as primeiras páxinas coa vista previa. Unha vez convencidos de que é o que buscábamos, non temos máis que solicitalo en préstamo e xa será noso por 15 días.

viernes, 1 de junio de 2018

Dombate



   O xoves 31 de maio visitamos Dombate. Estivemos no dolme, onde escoitamos unha explicación sobre as súas características máis destacables: época de construción, finalidade, elementos...

  Logo, no centro de interpretación, visualizamos unha película que reproducía a vida na prehistoria. Máis tarde, asistimos a un obradoiro de "Música na prehistoria" no que, ademais de coñecer ferramentas da época e distintos instrumentos musicais, poidemos elaborar a nosa "bramadoira".